Novas

Máis novas

Artistas

Non é fácil clasificar a este grupo dentro dun único estilo musical. Thrash, Hardcore, Metal, Punk… O único certo é que os seus fundamentos básicos sempre foron a potencia e a velocidade, mostrando nas súas composicións un amplio abanico de influencias. No que respecta aos textos sempre mantiveron unha liña altamente reivindicativa con letras corrosivas e explícitas.

Dende o comezo da súa formación como banda non deixaron indiferente a ninguén. Sen parar nin un momento de actuar por toda España, América, Europa, Xapón, etc. Con 10 LPs as súas costas e cerca de 400.000 discos vendidos no estado español, é unha das bandas independentes máis recoñecidas e con maior poder de convocatoria nos seus directos.

Talco é unha banda de orixe italiano que fai ska e punk. O seu son é contundente con moita presenza de ventos e recordando a música de circo e ó folk italiano, mentras qeu as súas letras teñen unha forte carga de conciencia política, falando sobre temas anticapitalistas, antiimperialistas, antirracistas e antifeixistas.

Grupo de punk rock español formado en Euskal Herría en 2004 por excompoñentes do archiconocido grupo de punk español La Polla Records. Teñen xa seis discos de estudio estando en plena xira de presentación do último, "Cómo convertirse en nada"

Formados en 1996, Ruxe-Ruxe están considerados como un grupo de culto, así como unha das bandas con maior proxección do rock galego, gracias a súa persoal mestura de estilos como rock, punk, ska ou folke.

Ao longo destes 18 anos de andaina, Ruxe-Ruxe son coñecidos e recoñecidos polos seus potentes e enérxicos directos, que xa puideron desfrutar os asistentes ás mellores festas e festivais, tanto galegos como fóra das fronteiras de Galicia.

Grupo de Hip Hop de Ponteareas, formado por O Nervo e DJ Rapu. No 2103 publicaron A Sorpresa. 15 temas de rap de corte clásico, de letras afiadas, rapeadas por O'Nervo, sobre unha base de bombo e caixa. Samplers e scratch da man de Dj Rapu.

Actualmente están presentando o seu segundo traballo titulado Lume e Rebeliom.

Foto Desakato

A fogueira dos asturianos arde con máis brío que nunca co seu quinto traballo de estudo “La teoría del fuego”. Volvéronse poñer en pe, son indestructibles como o vento. A chispa encendeuse no 2003 na localidade asturiana de Llanea aínda que non foi ata 2008 cando comezaron o seu ritmo constante e persistente de novo disco cada dous anos. Van co vento na cara sudando miseria, sangue e chumbo para loitar contra as inxustizas. "La inercia" do seu éxisto levounos nun "Buen Viaje" por todo o pais e tras moitos concertos ganando adeptos co seu arrollador directo poden formular agora "La Teoría del Fuego". Esa que di que debe arder todo para que poida rexenerarse e conseguir un novo principio.

Foto Lendakaris Muertos

Lendakaris Muertos é unha banda de punk procedente de Plamplona. Caracterízase por un punk a gran velocidade, temas moi curtos, coros continuos e letras irónicas que combinan o humor e a crítica para tratar temas sociais e políticos.

Tras sete discos de estudio e centos de concertos por toda a xeografía estatal están considerados un dos mellores grupos do xénero do estado.

Foto Arrhythmia

Arrhythmia é un trio de Power Rock de Lugo formado por Alberto Busto na guitarra e voz, Álvaro L. Barreiro na batería e samples e Alejandro Maciñeiras no baixo e coros. En 2012 edita o seu primeiro traballo “III” que lles permite xirar por grandes festivais galegos como A Candeloria, Castelo Rock ou Revenidas, entre outros.

Actualmente atópanse xirando por tódala xeografía galega presentando o seu novo traballo “II” con influenzas que beben do Stoner ou do Hardcore sen perder os ritmos e mensaxes que os deron a coñecer con “III”, e incorporando samples e sintetizadores sen perder o formato trío.

Foto Falperrys

A Ría de Vigo veu nacer na primavera do 2010 unha nova banda de folk punk tabernario. “No ano dous mil dez da nosa era, seis almas perdidas xuntáronse para salvar a humanidade… pero se deixaron levar pola mala vida”. Os seus nomes Manolo no acordeon, Jose coas guitarras, David mandolina/banjo, Aarón guitarra acústica, Manu na bateria, Esteban na voz e Moro no Baixo.

Os Labregos do Tempo dos Sputniks son un Grupo guerrilla. Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño. Verdades coma puños e moita rebeldía. Os LABREGOS chegan, montan e tocan. Sen grandes artificios nin pose pero con talento e ideas claras a eito. Falamos de García MC, dos DKTC. Falamos de Leo i arremecághona. E falamos de Lydia Botana, Bolboreta. Case nada.

Ezetaerre son un grupo de rap formado por Petrowski, Pirola e Garchu, tres rapaces do 94 afincados na Coruña. Nos seus temas falan de cousas diversas, pero sempre coa combatividade e a rabia de loitar por un mundo mellor

DeLomabaos non se rexen por unha única corrente musical, ainda que principalmente tóman como referencia o funk e o rock, fusión de estilos que se ve reflectida de xeito claro nos temas compostos pola banda.

As letras das suas cancións, falan de emocións e sentimentos pero tamén con espazo para algunha que outra crítica social.

Naceron sen plans previos, dando un salto das tardes de música entre amigos ás salas de concertos e aos escenarios dos festivais. Tan só querían vivir á súa maneira sentíndose libres e acabaron compoñendo para reflexionar sobre o mundo. Son oito músicos que fusionan ska, reggae e punk-rock, apostando pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario. Nestes trece anos de existencia editaron unha maqueta “Diskordia nas Rías Baixas”, un vinilo recopilatorio (#10AnosNaRúa) e catro discos de estudo: Fragasaurus Rex, El futuro nunca existió, Realidades alienantes e Utopías emerxentes. Logo de presentar o seu proxecto por toda a xeografía peninsular e boa parte de México chegaron a un punto de inflexión que marca un antes e un despois no percorrido do grupo. A súa descarga de festa e compromiso non deixa indiferente a ninguén.

Grupo que nace en Xaló (País Valencià) no ano 2005. O seu estilo basease no SKA, reggae e o drum and bass, pero na actualidade avanzaron cara uns ritmos máis electrónicos nos que se pode ver a presencia do dubstep. Conseguiron así une stilo propio combinando os sons electronicos co estilo predominante ata agora. Na actualidade é unha das bandas máis importnates do País Valencià, que coa separación de Obrint Pas son considerados os seus sucesores.Contan con catro discos de estudio, o último dos cales, Tot és ara, foi presentado durante o ano 2015 obtendo gran éxito nas salas do estado.

Tenda

Máis produtos