Novas confirmacións


Dende o festival vimos de anunciar os novos grupos que complentan o noso cartel!

Soziedad Alkoholika

Sobran as palabras para describilos, gran parte do crecemento do festival é grazas a eles! Chegan nun estado de forma incrible, disfrutaremos do seu DIRECTAZO no noso escenario!

Tribade

A banda é todo un referente dentro do rap combativo e feminista a nivel estatal. Teñen un directo brutal no que non pararedes de facer pogos, perrear e saltar ata quedar cun sorriso de orella a orella. Moi contentos de telas de volta por Galiza! 🔥

Dakidarria

Non atopamos mellor maneira de pechar os anuncios de bandas que facelo con [DAKIDARRÍA]], unha das bandas que máis e mellor representa Galiza por todo o estado ! A nosa relación remóntase a 2014 na capitol e a nosa irmandade durará para sempre 💜.

La Duendeneta

Pechamos o cartaz montados na duendeneta. Bailaremos e poguearemos entre concertos cancións bravús, punk, rock, ska… A festa feita furgoneta! Sentimos non deixarvos tempo para descanso.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *