A Candeloria 2015


Boikot
Foto Boikot

Boikot é un grupo madrileño cun estilo moi variado punk, ska e incluso toques metal aínda que sempre como base o rock. Empezaron tocando en 1987 en Madrid e na actualidade con xa trece discos publicados son unha das bandas referencia no panorama rock estatal.

No seu último disco de titulo Boikotea!! tratase dun disco en directo onde engaden versións da súa canción Enloquecer en todos os idiomas do estado español. Na versión en galego colabora Ruxe-Ruxe que tamén estará na Candeloria.

Chikos del Maíz
Foto Los Chikos del Maíz

Los Chikos del Maíz é un grupo de rap valenciano formado polos MC’s Nega e Toni, e o DJ Bokah. O grupo está considerado como co referente máis destacado do “hip-hop político español”.

Caracterizanse por ter unha letras ácidas e corrosivas abordando temas como o terrorismo, a monarquía, a situación laboral e nas que o sarcasmo entrelazase cas referencias literarias e cinematográficas, nun compendio/collage de alcohol, teoría política, crítica demoledora e homenaxes constantes á cultura popular ou de masas. Durante o ano que ven estarán presentando o seu novo disco, entitulado “La estanquera de Saigón”.

Habeas Corpus
Foto Habeas Corpus

Dende a súa su aparición no 1993, os Habeas Corpus, veñe desenrolando o seu traballo tratando de aunar, de forma máis ou menos equitativa, as súas infinitas inquedanzas músicais con un claro compromiso e posicionamento ideoloxico.

A combinación dun elemento e outro e o que lles serviu como guía e referente persoal o longo dos anos. Esta dobre motivación é da que impregnaron todos e cada un dos seus doce traballos discográficos editados ata o momento, e é a que, desde fai xa algún tempo, lles proporcionou un nome propio dentro da escea musical do estado español.

Nao
Foto Nao

Unha das bandas máis importantes do rock duro galego. Dende a súa estrea en 2007 con As palabras espidas levan xa catro discos onde misturan misturan sentimentos e dureza. O pasado 26 de Abril estrenaron, ateigando a Capitol de Santiago, Cartas no Caderno, un disco fundamentalmente de versións pero que transmite unha gran forza. Son os gañadores da última edición dosPremios Galegos da Música nas últimas.

Ruxe Ruxe
Foto Ruxe Ruxe

Formados en 1996, Ruxe-Ruxe están considerados como un grupo de culto, así como unha das bandas con maior proxección do rock galego, gracias a súa persoal mestura de estilos como rock, punk, ska ou folke.

Ao longo destes 18 anos de andaina, Ruxe-Ruxe son coñecidos e recoñecidos polos seus potentes e enérxicos directos, que xa puideron desfrutar os asistentes ás mellores festas e festivais, tanto galegos como fóra das fronteiras de Galicia.

Terbutalina
Foto Terbutalina

Desde a súa formación en 2010, Terbutalina non parou de tocar, de medrar y facer pasalo ben. En menos de tres anos, estes cinco monógamos e promiscuos das Rías Baixas pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o país ademais dos seis traballos discográficos cos que xa contan.

A mellor mostra do rebumbio que teñen organizado está nos seus directos, nos que non existe a marxe para o descanso. Se es das poucas persoas que non os coñece, aínda estás a tempo.

Liviao de Marrao
Foto Liviao de Marrao

Os Liviao de Marrao repiten a súa actuación da primeira edición da Candeloria. Trátase dun colectivo de 10 rapaces afincado nalgún punto indeterminado do corazón da Galiza (en Chantada) e que se criaron vendo o Xabarín Clube e mamando o rock bravú.

Graban o seu único disco no ano 2013 entitulado Matança eta filhoak no que misturan aquela “forza para tronzar o universo todo” do Manifesto de Viana, con punk ska, e ritmos da musica traducional galega. Todo isto cunhas letras que, con moita retranca polo medio, protestan contra a realidade actual.

Arrhythmia

Foto Arrhythmia

Os Arrhythmia son xa vellos coñecidos da familia da Candeloria pois xa actuaron con nós en máis dunha ocasión.

Banda lucense de rock en galego con influencias de Stoner e de Hard Rock. O seu único traballo discográfico entitulado “III” data do 2012 e levan dende entón demostrando nos escenarios porque para algúns son un dos referentes da nova escena de rock galega.

Sokram
Foto Sokram

Artista multidisciplinar e cú de moi mal asento: MC, artista urbano, deseñador, ilustrador, fotógrafo nos ratos libres…Unha das cabezas máis proactivas do coñecido colectivo hip hop Dios ke te Crew.

Este experimentado MC, curtido en centos de escenarios, destaca pola súa potencia, velocidade e dicción milimétrica á hora de rapear e pola súa versatilidade en canto estilo e técnica, tocando distintos xéneros, rexistros e maneiras de fluír sobre un ritmo.

Acaba de sacar novo disco Chuvia Acida que podedes escoitar de balde en BandCamp.

Xenderal
Foto Xenderal

Xenderal aka Gendebeat apareceu en Cerceda pegando berros a golpe de micro e denunciando coas súas letras todo aquelo que puido.

Dende sempre soubo que non era necesario darlle a volta a lingua para dicir o que un quere e do xeito que máis lle presta dicilo: co rap e co reggae.

A lingua é o rabo da cabeza, e a prolongación dos pensamentos, é a ferramenta que emprega para soltar rimas en galego e algun que outro sonido estrano, tamén chamado beatbox. Cuspe letras contundentes e ao mesmo tempo cunha retranca que non deixará indiferente a ninguén.

As fotos empregadas son propiedade de Miguel Grandío, MúsicaEnGalego, Paula Francos Anllo, Festival Revenidas, Igor Zalbidea e Hortalino.