Aloxamento


acampada

Acampada gratuíta

O acceso a zona de acampada, estará incluido coa túa entrada. A acampada para este Festival A Candeloria IV, estará no mesmo recinto que os concertos, non pavillón contiguo, polo que nos vos preocupedes, “se chove que chova”.

A zona de acampada, abrirá as 16:00h do venres e pechará o domingo as 14:00h (para que poidades durmir a resaca), rogamos dende a organización, a recollida das tendas algo antes para non ter que andar a despertarvos.

A acampada ten un AFORO LIMITADO (mal que nos pese), polo que intentaremos entre todos acomodar as nosas tendas de xeito que a maior parte de xente poda acampar, evitando “campamentos” (xa sabedes o que nos referimos), e tendas de tamaños excesivos se non foran necesarias, (se podes compartir tenda coas tuas compañeiras, sempre é de agradecer). Unha vez completo o aforo, non podemos facer nada máis, salvo informarvos sobre as opcións de acomodamento en Lugo.

Estará permitido o acceso tanto de bebida coma de comida, o recinto da acampada.

Estarán tamén a vosa disposición as duchas dos vestuarios do recinto, con acceso directo dende a zona de acampada, totalmente gratuitas.

O festival non pode responsabilizarse das vosas posesións na zona de acampada, polo que os vosas obxetos de valor é mellor que os levedes enriba. Persoal de seguridade do festival estará 24h activo na zona de acampada para controlar o acceso.

Dende a organización, pedimos respetar o recinto do Pazo de Ferias de Lugo, xa que é grazas a dispoñer de estas instalacións que podemos seguir facendo este festival para todas vos e esperamos, por moitos anos máis!  

A Candeloria a facemos todas xuntas, lembrade recoller as vosas basuras e ser o máis limpas posibles xa que poder continuar facendo este festival, depende de vós!

Na zona de acampada, intentaremos ser o máis cívicas posible para que aquela xente que quera durmir poda facelo.

Por outro lado, aínda que ambos recintos contan con sistemas de calefación, quentar determinadas zonas do recinto con teitos moi altos é moi complicado sobre todo a certas horas da noite, polo tanto recomendamos levar roupa de abrigo para non pasar frío pola noite.

Outros

En canto a alternativas a acampada, se non coñecedes a ningún local amable que vos deixe un sofá (ou cama) para durmir, podedes empregar CouchSurfing ou, se queredes iros a un hostal, empregar webs como Trivago ou AirBnB para atopal un hostal no que quedar na cidade.