Como Chegar?


A Candeloria 2015 será no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. No seguinte mapa podedes ver a localización exacta do sitio.

A media hora do centro de Lugo andando e con moitas plazas para aparcar nos arredores se traedes o voso coche. En canto as liñas do bus urbano, a liña 6 comunica o centro de Lugo co recinto e tamén funciona en domingos e festivos.

Para chegar ata Lugo:

Estrada

  • Dende Santiago de Compostela:Dende Santiago de Compostela tomar a N-634 dirección Oviedo e incorporarse á A-6 dirección Lugo-Madrid-Oviedo. Tomar a saída 500 Lugo centro- polígono do Ceao.Outra alternativa é tomar a AP-9 dirección A Coruña, durante 38,3 km e tomar a saída 16 cara a Arteixo- Lugo- Madrid para incorporarse á A-6 dirección Lugo, durante 67,5 km. Tomar a saída 500 cara Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.
  • Dende A Coruña:Saír da Coruña pola AP-9, percorrer a autoestrada durante 13,2 km. Tomar a saída 16 cara a Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km, e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.
  • Dende Vigo:Saír de Vigo pola AP-9 dirección A Coruña e continuar durante 140 km ata tomar a saída 16 dirección Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.
  • Dende Pontevedra:Saír de Pontevedra collendo a autoestrada AP-9 (dirección A Coruña). Percorrer a autoestrada AP-9 durante 112 km. Tomar a saída 16 dirección Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.
  • Dende Ourense:Saír de Ourense pola estrada N-525 dirección Santiago e continuar durante 9,9 km, coller a estrada N-540 dirección Lugo. E percorrela durante 80 km. Entrar na cidade pola avenida das Américas.
  • Dende Ferrol:Saír de Ferrol collendo a autoestrada AP-9 (dirección A Coruña / Santiago). Percorrer a autoestrada AP-9 durante 25,4 km, e coller o enlace coa autovía A-6. Percorrer a autovía A-6 durante 68,9 km e tomar a saída 500 cara Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Podes intentar compartir coche empregando BlaBlaCar ou preguntando en algún grupo de Facebook como este.

 

Bus

As empresas que comunican Lugo co resto de cidades de Galicia e España son as seguintes:

  • Arriva: Con A Coruña, Ribadeo, Viveiro, Vilalba, etc.
  • Freire: Con Santiago de Compostela.
  • Monbus: Con Ourense, Pontevedra, Vigo, etc.
  • Alsa: Con Madrid, Oviedo, Zamora, etc.

Ademáis en colaboración con nós, Festy+ oferta buses a mellores prezos dende alguha cidade de Galiza (A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo) e do resto do estado (León ou Ponferrada, entre outros). Podes obter máis información aquí.

Avión

Os aeroportos máis cercanos son o de Lavacolla (Santiago de Compostela), Alvedro (A Coruña), Peinador (Vigo) e o de Asturias. Podes atopar voos baratos a estos aeroportos empregando servicios como Kayak ou Skyscanner.