Feira Candeloria


Bases

1. Postos

Permítense postos de discográficas, artesáns, artistas gráficos, xoieiros, libreiros, asociacións culturais, organizacións políticas, creativos de moda e complementos, comercio xusto, etc. A única restrición é que non permitimos postos que vendan comida e/ou bebida.

2. Lugar, datas e zonas

Desenvolverase no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo durante os días 17 e 18 de Febreiro. A feira empezará na tarde do venres e poderase expoñer de forma ininterrumpida ata que rematen os concertos o domingo de madrugada.

Existen dúas zonas reservadas para poñer postos, por unha parte o hall do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo e por outra a zona de concertos.

Hall do Pazo de Feiras

  • Estará aberto todo o tempo.
  • Será accesible para o público xeral (sen entrada para os concertos) dentro do horario establecido.

Zona de Concertos

  • Estará aberto solo durante os concertos.
  • Solo pode acceder a xente con entrada para os concertos.
  • Maior visibilidade no momento no que hai mais xente no recinto.
  • O número de postos nesta zona estará máis limitado.

En ningunha das dúas zonas contamos con stands nin expositores que deberán ser aportados polas/os feriantes.

3. Prezos

O custo dun posto no hall é de 40€ mentres que na zonda de concertos será de 60€.

4. Presentación

O prazo de presentación dura dende a presentación destas bases ata o día 15 de Febreiro. Para presentarse os artesáns deberán encher o formulario que se pode ver ao final desta páxina.

Inscríbete