Acceso de Menores de Idade


Dende a organización do festival A CANDELORIA informamos as seguintes normas para que os menores de idade asistan ao festival.Os menores de idade con menos de 16 anos poderán asistir ao festival mais terán que estar acompañados en todo momento dunha persoa maior de idade que se fara responsable de todo o que faga o menor. A nai, pai, ou titor legal do/a menor deberá cumprimentar o seguinte impreso e presentalo na billeteira no momento de recoller a entrada. Os menores de 12 anos terán a entrada gratuíta ao festival.

Impreso menores de idade con menos de 16 anos

Será obrigatorio que tanto os menores asistentes como os seus acompañantes vaian sempre identificados con DNI ou Pasaporte.

Os menores con 16 anos ou máis poderán asistir ao festival sen acompañamento dun maior de idade máis a súa nai, pai ou titor legal deberá cumprimentar o seguinte impreso onde autorizarán a súa asistencia ao festival e faranse responsables de todos os danos que o menor puidese causar así como de que este non consuma alcohol ou outras substancias prohibidas.

Impreso menores de idade con 16 anos ou máis

A falta de cumprimento de as normas anteriores será motivo de expulsión do festival tanto do menor como do adulto responsable deste e non dará dereito ao reembolso do prezo da entrada de ningún dos dous.