Prensa


Notas de Pensa (en galego e castelán)

Lista de Correo

Se estás interesado en recibir as nosas notas de prensa por correo, enche o seguinte formulario:

* indica campo obrigatorio required



Acreditacións

O prazo para solicitar acreditacións de prensa para cubrir o festival, dura dende o 6 de Xaneiro ata o 15 de Febreiro. Por cada medio darase, no caso de ser aceptadas, unha acreditación excepto no caso de televisións que contarán con dúas acreditacións.

No caso de ser prensa escrita (online ou en papel) é requisito para obter unha acreditación para un medio ter publicado algunha noticia da presente edición do festival debendo adxuntar dita noticia na solicitude.

No caso das/os fotografas/os independentes, será necesario demostrar certa experiencia cubrindo festivais e/ou concertos. Polo que se deberá incluir ligazóns a álbums de fotografía de concertos que a/o fotógrafa/o realizara no pasado. As fotografías sacadas durante o festival polas persoas que obteñan este tipo de pases poderán ser empregadas pola organización da Candeloria, indicando sempre o nome da/o fotógrafa/o, para a promoción de posteriores edicións do festival e/ou de outros concertos que a organización realice ao longo do ano.

Para facer a solicitude deberase enviar un correo ao enderezo prensa@acandeloria.org co asunto “Acreditación de Prensa”. Neste correo deberase incluir: o nome do medio acreditado, nome e DNI de cada unha das persoa que se queiran acreditar e unha ligazón a noticia publicada sobre o festival ou o álbum de fotos.