Anunciamos nova Candeloria!


Temos grandes novas que anunciarvos, a sexta edición de A Candeloria Lugo fai que poñamos fin a mais de 7 anos de traballo nos que puxemos TODO o que levábamos dentro ( sangue, suor, lágrimas e outros fluídos que descoñecíamos que formaran parte do noso organismo) para que isto saíra adiante. Foron anos de ilusión, de moitas bágoas de alegría e algunha de tristeza, pero a maioría de ledicia e orgullo por ver coma “ a nosa meniña” ía facéndose unha gran muller guerrilleira que superaba unha por unha todas as dificultades que se lle puxeron por diante, que non foron poucas.

MOITAS GRAZAS polos aloumiños cando fixemos cousas ben e sobre todo MOITAS GRAZAS polas críticas cando metimos a zoca… SODES INCRIBLES CANDELORIAS!

Xamais pensamos que ca axuda de Alejandro Pardo e Zeltia Lopez Corona na primeira edición alá na cuna musical Lucense Club Clavicémbalo ía nacer algo tan bonitiño e que reuniu a tantos miles de persoas durante 5 anos consecutivos. Nas seguintes edicións a gran Lau Ferreiro, Marcos Chavarria e Alberto Lora contribuíron a que isto seguira adiante, sen eles sería IMPOSIBLE, igual que non sería posible sen todas as CANDELORIAS, bandas que tocáchedes e xente que colaborou de distintas maneiras con esta gran familia . GRAZAS DE CORAZÓN

Pero isto non rematou todavía, este ano prometemos que vai ser o mellor da historia! Temos moitas sorpresas preparadas…hoxe e mais que nunca…

LUME!!