Artistas – Décima Edición


Los Chikos del Maíz

2015, segunda edición do festival, primeira no Pazo de Feiras, e conseguimos que uns xa consagrados Los Chikos del Maíz viñeran presentar “La estanquera se Saigón ó noso todavía imberbe festival…Qué honra!

Agora en 2024, convertidos en iconas da música estatal, veñen celebrar con nós o X aniversario d’A Candeloria e facer que vibredes, saltedes e pogueedes coma se non houbera un mañá.

Soziedad Alkoholika

Neste X aniversario non podíamos prescindir dunha das bandas mais icónicas do festival, estarán no noso dando tralla coma sempre. Entón, candelorixs, comprometémonos a facer os pogos mais grandes destes dez anos?🔥

Talco

Ano 2017, chegaban dende Italia unha banda que comezaba a pegar forte na península, unha banda de ska punk con letras reivindicativas que soaba moi, moi ben… o que non imaxinábamos e que tiñamos no noso esceario a unha banda que se convertiría nunha das bandas referencia do ska punk a nivel mundial!

Tribade

Despois de non poder vir o ano pasado era obriga máxima volver a contar con estas referentes da música feminista para esta edición. Temos a honra de que veñan celebrar con nós o X aniversario d’A Candeloria! Pogos, e sesión de cardio 100% asegurada!

Arrhythmia

Febreiro de 2014, alí estaban na primeira candeloria no Clavicémbalo de Lugo, aquel día coma público. No 2015, xa no pazo foron xa un dos pratos fortes do festival, repetiron en 2017 tocando por primeira vez en directo a “forza da razón” con Reveliom do Inframundo e gravando no propio festival o clip da cea dos malditos. Para nós non son unha banda máis do cartaz, son FAMILIA💜

Mafalda

Noticia agridulce, por unha parte é un inmenso pracer ter no noso esceario a Mafalda durante a xira na que se despiden dos escearios, e por outra parte temos unha dor intensa no peito de pensar que vai ser a derradeira vez que o pisen. Mafalda xa viñeron noutras dúas ocasións, sendo parte importante da historia dos 10 anos de vida do festival. Sabemos que entre todxs xs candelorixs imos facer que este momento no que toquen por derradeira vez en Lugo sexa ÉPICA!💜

Me Fritos and the Gimme Cheetos

E como non…unha Candeloria non é o mesmo sen colofón final da familia de Me Fritos and The Gimme Cheetos!

Duendeneta

E o Bonus Track do X aniversario da candeloria, a guinda do pastel é La Duendeneta! Non concebimos unha festa en Lugo sen que nos faga bailar, brincar, poguear…coma o fai a duendeneta! 🚌