Non é fácil clasificar a este grupo dentro dun único estilo musical. Thrash, Hardcore, Metal, Punk… O único certo é que os seus fundamentos básicos sempre foron a potencia e a velocidade, mostrando nas súas composicións un amplio abanico de influencias. No que respecta aos textos sempre mantiveron unha liña altamente reivindicativa con letras corrosivas e explícitas.
Dende o comezo da súa formación como banda non deixaron indiferente a ninguén. Sen parar nin un momento de actuar por toda España, América, Europa, Xapón, etc. Con 10 LPs as súas costas e cerca de 400.000 discos vendidos no estado español, é unha das bandas independentes máis recoñecidas e con maior poder de convocatoria nos seus directos.
Banda imprescindíbel para entendermos a música galega, que ao longo dos máis de dez anos que durou a súa primeira etapa, dende Arroutada Pangalaica, (Dro East West, 1991), até Komunikando, (BOA, 2003), marcaron as liñas mestras da evolución do rock en galego. É un grupo de ska, punk e rock formado no barrio de Monte Alto (A Coruña) no ano 1989. É un dos asinantes do Manifesto de Viana que orixinou no movemento bravú, así como un dos seus máis importantes representantes.
Aínda que anunciaron a súa retirada no ano 2005, durante o Castañazo Rock do ano 2012 volveron a xuntarse para actuar neste festival. Dende ese momento, actúan de forma esporádica por varios festivais da terra, como o Revenidas ou o festival do Castro entre combinando os temas xa históricos con algunha composición nova.


Banda formada no ano 2005 na Estrada fruto da confluencia de músticos xa veteranos no panorama galego. Despois destes 10 anos e con xa 4 díscos de estudio e multitude de concertos en todos os puntos do país converteronse nun dos referentes galegos do rock duro sendo gañadores da última edición dos Premios Martin Codax da Música Galega na categoría de grupo metal. O seu potente directo e a contundencia das súas letras non deixan indiferente a ninguén.
Durante este ano, e a través dun vídeo, a banda anunciou a súa decisión de descompoñerse. A pesares de estar no seu momento máis álxido, NAO anunciou que entraba nunha etapa na que despois da grabación de 3 discos se separarían. O primeiro destes discos, que leva o nome de 3.Soñar será presentantado de forma exclusiva durante a próxima edición do festival A Candeloria.


Banda galega formada en Sigüeiro (Oroso) no ano 2011. Mesturando o garaxe, o blues, a empanada de pulpo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, pretenden facer bailar a todos os que se acheguen ás súas galas. Aínda que non queiran.
Contan xa con tres discos de estudo os dous primeiros estreados no ano 2012 e o último no ano 2014. Foron gañadores do Concurso de bandas da Deputación da Coruña no ano 2013. Tras estos anos conseguiron facerse un oco no panorama musical galego soando nos principais festivais do país como no Brincadeira ou Revenidas.


Creado na na Meirama do 1987, considérase o grupo de rock en galego máis tempo en activo. Coñecidos como os padriños do rock galego son o referente de boa parte dos grupos da última década. Nestes máis de 25 anos, levan xa dez discos de estudio o último dos cales estreouse no ano 2015.








Desde o 2009 ano no que se crea o proxecto Habelas Hainas, estas catro rapazas cuxa versatilidade vai alén do feito de seren multiinstrumentistas e lévaas a explorar outros eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro.
O punto de partida é a música tradicional e de raíz; séntense parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminina e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición; tal inquedanza permanente reflíctese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais creando un son enérxico, fresco e orixinal.


Vendetta é un grupo de ska de Navarra creado no ano 2009. Tras unha intensa etapa profesional Luisllo Kalandraka e Javier Etxeberria crean xunto con grupos xa veteranos no paranoma estatal un novo proxecto musical. Teñen xa catro discos de estudo. O primeiro de igual nome que o grupo e estreado no ano 2009 amosa cancións ineditas e versións de estilo ska, o cal será un constante en toda a súa historia, pero onde o rock ten unha gran presencia.
Nos discos seguintes a introdución de novos ritmos fai que afiencen a exclusividad do proxecto fronte a outros grupos. A música volvese máis calmada e a lírica da unha volta de 360º. Aprecianse influencias de grupos como Skalariak, Manu Chao, The Police ou The Clash. O último disco da banda, 13 Balas, foi estreado no ano 2014.


Colectivo arterrorístico de Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde cuxo obxectivo principal é ofender a SOMEBODY en SOMEWHERE por SOMETHING a través de sketchs. E con estos sketchs empezaron no ano 2013 nos que fan tanto versións de cancións como pequenos vídeos de humor. Son os gañadores da primeira edición do Carballo Interplay na categoría de webserie galega do ano e é na segunda edición deste festival onde actúan por primeira vez cantando en directo as cancións dos seus vídeos.
O exito deste primeiro concerto fixo que deran moitos concertos por toda a xeografía galega convertendose sen lugar a dúbidas nunha das bandas revelación da escena galega.