A Candeloria 2018


Trátase dunha banda británica de hardcore punk nacida en Birmingham, no año 1978. Son considerados pioneros del hardcore punk e durante máis de tres décadas, editaron once álbumes de estudo e conseguiron labrarse unha importante reputación entre os grupos de punk ingleses a base de xiras e apariciones en discos recopilatorios. Trala súa aparición no viveirense Resurrection Fest no ano 2014 volven a Galiza a descargar a súa sesión de punk no Pazo de Feiras!

É un grupo de un grupo de música rap metal procedentes de Sevilla, que foi creado no ano 1997. Foron considerados durante moito tempo unha das bandas máis orixinais do estado. Dende a súa creación ata o ano 2003 fixeron cerca de 500 concertos nos que conseguiron reunir unha media de mil persoas en cada un. Neste ano (2003) fixeron un parón pero volveron aos escenarios e aos estudios no ano 2008. Durante estes anos levan sete discos de estudo, o último dos cales, Dios te odia, foi presentado no ano 2014.Narco amosa en cada un dos seus dicos uns riffs moi elaborados, un incrible son e unha gran variedade de influencias musicais. A súa perfecct combinación de guitarras, samples e scratch, forxa un estilo propio e inconfundible onde conviven o metal, o rock e o rap.

Grupo de punk rock formado en Tarragona durante o ano 2014. Tras editar durante o 2014 un dos mellores discos do xénero que se fixo no estado e e en parte do estranxeiro embarcanse na dificil tarea de facer un disco o mesmo nivel. Este novo LP de nome Blau sang, Vermell cel consegue manter o nivel do seu anterior traballo sendo un caro exemplo de como debe soar unha banda de PUNK ROCK. Guitarras contundentes e concisas, voz áspera, clara e arrogante, cunha potente e poderosa sección rítmica que fai que o son te atrape e te sumerxa nun mar de sons que, evidentemente, te levará ós pés e á brutalidade física dos monstruos máis sagrados do punk rock.

Este sexteto guipuzcuano é unha batería de estilos a cabalo entre o folk de Euskal Herria e o ska ou o rock máis chan. Uns estilos guiados por voces femeninas que fan do seu show unha experiencia única. Tras arrasar nas redes co seu tema Aldapan gora que alcanzou máis de tres millóns e medio de reproducións, veñen por segunda vez a Galicia para namorar o público candelorio.

Artista polifacético, filólogo e poeta, O Leo i Arremecághona é un creador multidisciplinar que ofrece sempre unhas orixinais actuacións en directo e espectáculos que rozan o formato da performance. É habitual que o seu espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril.

Tras estar na primeira edición do A Candeloria e repetir con Labregos no tempo dos Sputniks o ano pasado, o Leo volve a Lugo nun formato monobanda que non deixará indiferente a ninguén.