Feira Candeloria


Bases

1. Postos

Permítense stands de discográficas, artesáns, artistas gráficos, xoieiros, libreiros, asociacións culturais, organizacións, creativos de moda e complementos, comercio xusto, etc… Non se permitirá a instalación de stands relacionados con hostelería ou bebidas de ningún. Cada stand disporá de un máximo de 2 persoas acreditadas.

2. Lugar, datas e zonas

Desenvolverase no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo durante os días 22, 23 e 24 de Febreiro. A feira comezará o xoves coa apertura de portas do festival e rematará o domingo o rematar o derradeiro concerto.

Existen dúas zonas reservadas para a colocación dos stands, o Hall de entrada do festival (interior do pazo de feiras e congresos de Lugo) e Zona de concertos. Cada stand será ubicado pola organización segundo o criterio da mesma, todos estarán visibles e se respetarán os espazos acordados con cada un.

  • A feira estará aberta só durante os concertos e a sesión vermú.
  • So pode acceder a xente con entrada do festival.
  • Duas zonas (Zona concertos + Zona Hall)
  • Número de stands limitado.

En ningunha das dúas zonas contamos con stands nin expositores que deberán ser aportados polas/os feriantes.

3. Prezos

Os stans abonarán un importe de 60€ en taquillas ao recoller a sua acreditación e antes de acceder ao recinto.

4. Presentación

O prazo de presentación dura dende a presentación destas bases ata o día 4 de Febreiro. Para presentarse os artesáns deberán encher o formulario que se pode ver ao final desta páxina. Non se aceptarán propostas despois do 4 de febrero.

Inscríbete