Primeiras confirmacións


Temos a honra de anunciarvos as primeiras confirmacións desta sétima edición d’A Candeloria. Agardamos que vos presten!

Lendakaris Muertos

Non pode haber mellor maneira de comezar co avance de cartaz que anunciar que unha das bandas preferidas das candelorias formará parte desta edición! Pouco que dicir dunha das bandas mais influíntes do punk e rock estatal, para eles facer do directo unha obra mestra é o pan de cada día.

Boikot

Aló por 2014, cando comezamos esta tolería chamada A Candeloria, quen se une a unha tolería de tal magnitude? Outrx tolx, alguén que ama a música de forma social e altruísta como Boikot. Grazas por nacer con nós e seguir axudándonos a medrar coma festi! Musicalmente pouco que dicir, é indiscutiblemente un referente do rock estatal en todas as súas variantes, unha banda que sempre se soubo adaptar o paso do tempo.

Me Fritos and the Gimme Cheetos

Despois de reventar o Tsunami Xixon e o Resurrection Fest non se nos ocorre mellor maneira para pechar o festival que bailar pogos cas letras de Camela, Bisbal, Shakira, etc. Unha banda incrible que vos fará sacar as desfrutar e suar coma pitos e pitas candelorias cantando a berros as cancións que normalmente non vos atrevedes 😉😉

SonDaRúa

Temos a honra de ter por primeira vez n’A Candeloria a SonDaRúa. Invádenos unha sensación agridoce, por un lado alegría inmensa por telos no noso escenario e por outra tristeza por que estean na última xira. Imos desfrutar dunha das últimas ocasións nas que podemos facelo en directo!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *