Primeiros grupos da décima edición


Los Chikos del Maíz, Arrhythmia, Tribade e Talco tocarán na décima edición d’A Candeloria!

2015, segunda edición do festival, primeira no Pazo de Feiras, e conseguimos que uns xa consagrados Los Chikos del Maíz viñeran presentar “La estanquera se Saigón ó noso todavía imberbe festival…Qué honra!

Agora en 2024, convertidos en iconas da música estatal, veñen celebrar con nós o X aniversario d’A Candeloria e facer que vibredes, saltedes e pogueedes coma se non houbera un mañá

Ano 2017, chegaban dende Italia unha banda que comezaba a pegar forte na península, unha banda de ska punk con letras reivindicativas que soaba moi, moi ben… o que non imaxinábamos e que tiñamos no noso esceario a unha banda que se convertiría nunha das bandas referencia do ska punk a nivel mundial!

Despois de non poder vir o ano pasado era obriga máxima volver a contar con estas referentes da música feminista para esta edición. Temos a honra de que veñan celebrar con nós o X aniversario d’A Candeloria! Pogos, e sesión de cardio 100% asegurada!

Febreiro de 2014, alí estaban na primeira candeloria no Clavicémbalo de Lugo, aquel día coma público. No 2015, xa no pazo foron xa un dos pratos fortes do festival, repetiron en 2017 tocando por primeira vez en directo a “forza da razón” con Reveliom do Inframundo e gravando no propio festival o clip da cea dos malditos. Para nós non son unha banda máis do cartaz, son FAMILIA💜


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *